Anveres

amberes

Anveres

13-05-2013

A tan só cincuenta quilómetros de Bruxelas está Anveres, que con pouco máis de 500 000 habitantes, é a segunda cidade máis importante de Bélxica. Situada á beira do río Escalda, esta localización é a que lle concede a súa dimensión internacional, sendo considerado o de Anveres, o segundo porto marítimo máis importante do continente europeo.

Nesta metrópole atópase a maior comunidade xudía de Europa. E foron precisamente os xudeus os que comezaron o negocio do pulido de diamantes, de grande importancia na actualidade, ata o punto de ser Anveres coñecida como a capital mundial dos diamantes.

Tamén é famosa como a cidade da moda, grazas ao impulso dos deseñadores coñecidos como “Os Seis de Anveres” esta urbe ten unha das escolas de moda máis importantes do mundo, o Flanders Fashion Institute e un museo de moda, o MoMu, que así o demostran. E por suposto, non se pode falar de Anveres e non mencionar a figura do omnipresente pintor barroco Rubens, pois foi nesta urbe onde o artista desenvolveu a maior parte do seu traballo e onde pasou os seus derradeiros días.

Galegos en Anveres

Making Of


Mais información

Coordenadas: 51°13′17″N 04°23′50″L / 51.22139, -4.39722

Antuerpen[1][2][3] (en neerlandés: Antwerpen, en francés: Anvers) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxes do río Escalda. Antuerpen é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 501 000 habitantes.

O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade prodúcense o 80 % dos diamantes brutos e o 50 % dos diamantes lapidados do mundo. De acordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Antuerpen moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.

Historia

No percorrer do século XV, o seu porto adquiriu unha gran relevancia no comercio internacional, coa pioneira fundación dunha primitiva "bolsa" na cidade, que rapidamente transformou Antuerpen nun dos máis coñecidos centros comerciais e produtores do Vello Continente.

Cultura

Antuerpen é a cidade natal de Peter Paul Rubens, o cal é considerado como o símbolo da cidade, é doado atopar en rúas e prazas estatuas e referencias a el. A catedral, alberga tres das súas obras e outras notorias pódense atopar no museo coñecido como A Casa de Rubens.

No referente á vida nocturna, Antuerpen é unha cidade moi animada dado que é unha das cidades universitarias máis importantes do país. O centro está cheo de bares onde pódese degustar, entre outras moitas cousas, a cervexa propia da cidade, De Koninck.

Un dos mellores lugares para gozar da cultura de bar belga é Kassa4, en Ossenmarkt. Tamén, xunto á catedral atópase o bar máis antigo da cidade que ofrece unha carta de cervexas con máis de 150 diferentes.

Outra visita interesante é a zona portuaria próxima ao centro histórico onde se poden ver distintos tipos de embarcacións tanto de transporte como de recreo, nunha exposición libre situada en antigos almacéns.

A igrexa de Santiago (Sint Jakobskerk) é outro dos monumentos a visitar, xa que Antuerpen era unha das etapas importantes no Camiño de Santiago desde os Países Baixos.

Cidades irmás

Dentro do eido da cooperación para o desenvolvemento, Antuerpen tamén está irmandada con:

Galería de imaxes

Predecesor:
Flag of Sweden.svg Estocolmo 1912
Olympic flag.svg
Xogos Olímpicos

1920
Sucesor:
Francia París 1924
Predecesor:
Flag of India.svg Nova Deli
Capital mundial do libro
2004
Sucesor:
Flag of Canada.svg Montreal
Predecesor:
España Madrid
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura

1993
Sucesor:
Flag of Portugal.svg Lisboa

Notas

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Antuerpen (Bélxica) 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Antuerpen

Comparte este destino

Alba González GallegoAnveres