Aviso legal

Datos Identificativos

Galegos no mundo é unha marca rexistrada de PORTOCABO TV S.L., unha sociedade española con domicilio na Praza de Zalaeta nº 4, local baixo esquerda, 15002 A Coruña, con CIF: B 70079090, inscrito no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 3.150 do arquivo, sección xeral, folio 188, folla C-40.047. Información que facilitamos en cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico.

Termos Legais e Condicións

Tanto o acceso á web de GALEGOS NO MUNDO como o uso de calquera información contida na mesma é de exclusiva responsabilidade da persoa que accede ou a usa, non respondendo PORTOCABO TV S.L. de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidese derivarse do acceso ou uso da información. PORTOCABO TV S.L. non garante que a información, texto, gráficos, vínculos, ou calquera outro contido da súa web sexan exactos ou completos, excluíndo, especialmente calquera responsabilidade que puidese derivarse dos contidos e servizos comerciais ou doutra índole de webs que se puidesen enlazar electronicamente (link), directa ou indirectamente, a través da web de GALEGOS NO MUNDO.

Propiedade Intelectual

Todos os contidos do Portal (vídeos, música, textos, fotografías, imaxes, logotipos, software, códigos fonte, etc.), son propiedade intelectual de PORTOCABO TV S.L. ou de terceiros e non poderán ser reproducidos, copiados, pegados, linkados, transmitidos, distribuídos ou manipulados de calquera forma e con calquera finalidade, sen a autorización previa e por escrito de PORTOCABO TV, S.L., mantendo en todo momento o “copyright” intacto e calquera outro indicador da propiedade intelectual dos materiais ou contidos. Calquera utilización dos contidos do Portal non autorizada expresamente por PORTOCABO TV, S.L. será considerada unha violación das leis nacionais do “copyright”, que protexen os dereitos de autor e a propiedade intelectual. PORTOCABO, GALEGOS NO MUNDO e demais denominacións de produtos, servizos, gráficos, e logotipos son marcas protexidas por PORTOCABO TV, S.L. As denominacións doutros produtos, servizos e compañías mencionadas neste Portal poden ser marcas rexistradas dos seus respectivos propietarios.

Protección de Datos

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos, PORTOCABO TV, S.L. informa que os datos persoais facilitados a través dos formularios desta web ou mediante mensaxes de correo electrónico, serán incorporados nun ficheiro inscrito na axencia española de protección de datos e serán tratados de xeito automatizado. Mediante o envío dos formularios existentes nesta web, o remitente dá o seu consentimento para ser incluído no mencionado ficheiro. A finalidade do ficheiro é servir como soporte de información á xestión dos contidos do programa GALEGOS NO MUNDO. Se o desexa, pode dirixirse a PORTOCABO TV, S.L. domiciliada en Praza de Zalaeta 4 local baixo esquerda – A Coruña, co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Enlaces a outros sitios Web

O sitio web de GALEGOS NO MUNDO pode incluír enlaces a sitios web de terceiros, para a súa comodidade ou para efectos informativos. Se accede a eses enlaces, abandonará o sitio web de PORTOCABO TV, S.L., polo que xa non controla os devanditos sitios, nin tampouco as súas prácticas sobre privacidade que poden diferir das de PORTOCABO TV, S.L. e polo tanto non asumimos ningunha responsabilidade respecto deses sitios web de terceiros. Os datos persoais que decida proporcionar a esas terceiras partes, ou que sexan recompilados por eses terceiros, non están cubertos pola Declaración de Privacidade de PORTOCABO TV, S.L. PORTOCABO TV, S.L. non pode garantir a ausencia de virus informáticos ou de calquera outro compoñente ou condición prexudicial na nosa website ou nos servidores que os fan dispoñibles. PORTOCABO TV, S.L., exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico español, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que acompañen ao ou se deriven do uso destas páxinas web. Recomendámoslle que revise a normativa sobre privacidade de calquera empresa antes do envío da súa información persoal.

jchallettAviso Legal