BASES DO CONCURSO “VIAXA CON GALEGOS NO MUNDO!” DE TELEVISIÓN DE GALICIA

1. Organizador

Televisión de Galicia S.A. organiza un concurso entre a audiencia do seu programa “Galegos no mundo” comprendendo tanto os telespectadores das súas canles de televisión, TVG e TVG2, como os vístante da súas webs (http://www.crtvg.es; no facebook http://www.facebook.com/pages/GALEGOS-NO-MUNDO-Televisión-de-Galicia ou na web http://www.galegosnomundo.es), que se desenvolverá de conformidade co establecido nas presentes bases

O concurso, baixo a modalidade de sorteo, denominarase Viaxa con Galegos no mundo! e realizarase no territorio do estado español.

2. Vixencia

O concurso desenvolverase no período comprendido entre o 18 de novembro ata 13 de xaneiro, sen prexuízo de ulterior variación e da posible prórroga por parte do organizador.

Dentro deste período, estableceranse convocatorias e premios coa periodicidade que posibiliten os patrocinadores. Este período denominarase en diante período de concurso.

Se por causas de forza maior fora preciso aprazar, modificar, anular ou repetir o concurso, este feito será notificado na web da TVG e na de Galegos no mundo a todos os participantes, dándolle á modificación o mesmo grao de publicidade que á convocatoria.

3. Participantes

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas físicas con capacidade xurídica e de obrar. No caso dos menores de 18 anos ou incapaces será precisa a autorización expresa dos seus pais ou representantes legais.

Non poderán participar no concurso nin os protagonistas dos programas integrantes das cinco primeiras temporadas do programa (capítulos 1 a 78), nin o persoal da Compañía Radio Televisión de Galicia, SA (en diante, CRTVG) ou calquera das empresas que realizan o programa para a TVG, os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade, de todos eles.

No caso de que resultara gañadora algunha das persoas excluídas de participación, estas perderán o seu dereito a obter o premio, procedéndose a entregar o previo á seguinte persoa que reúna as condicións de participación válida designada como seguinte suplente nos concursos.

4. Normas de funcionamento do concurso

O concurso consiste en sortear unha viaxe entre todos os participantes do mesmo. Cada semana, ao longo do período do concurso formularase unha pregunta sobre o programa desa semana. Os participantes terán que contestar correctamente ao menos a unha pregunta formulada sobre un dos capítulos emitidos no período do concurso.

A pregunta será comunicada por os seguintes medios:

Na páxina web de CRTVG (http://crtvg.es) e na páxina web de “Galegos no mundo” (http://galegosnomundo.es), en adiante os medios de comunicación do concurso.

Os concursantes poderán participar a través das páxinas web (http://crtvg.es e http://galegosnomundo.es) onde atoparán un formulario no que podan contestar á pregunta, cumprimentar os seus datos identificativos (nome e apelidos, teléfono, DNI, domicilio e enderezo electrónico), e consultar as bases do concurso.

Os concursantes para participar validamente no concurso, deberán actuar conforme ás seguintes normas:

1. Cumprir cos requisitos establecidos no apartado 3.

2. Só se admitirá unha participación por persoa por cada pregunta que se formule ao longo do período do concurso; podendo contestar unha soa vez a cada unha das preguntas. No caso de que un usuario utilice máis dunha vez o servizo para unha soa pregunta, só se terá en conta unha participación.

5. Premios

Dentro da semana seguinte ao remate do período de concurso, elixirase o gañador (en adiante gañador).

O sorteo, que será realizado polo organizador, consistirá na elección ao azar entre os participantes lexitimados. Este sorteo realizarase durante o programa da Revista da Tarde, ao día seguinte de pecharse o período de participación no concurso, e o devandito sorteo será público, levantándose acta do mesmo.

En todo caso, escolleranse, ademais, dous suplentes por sorteo.

O gañador terá dereito a renunciar ao premio, pero en ningún caso poderá cambialo por outro distinto.

Se algún premiado fose menor de idade ou incapaz, o seu dereito a gozar do premio estará supeditado á previa autorización por escrito dos seus pais ou representantes legais, debendo achegar unha fotocopia do DNI do autorízante, así coma a aceptación das bases do concurso, entregándose o premio, en todo caso, a este último.

Se o premiado non cumprise cos requisitos establecidos nas presentes bases quedará automaticamente eliminado do concurso.

O premio consiste nun viaxe internacional (aloxamento e avión) para dúas persoas e cunha duración de entre tres ou nove días segundo o destino ou características da viaxe que será entregado por Portocabo TV S.L..

Os premios en especie están suxeitos a Ingreso a Conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas ao tipo do 21% sobre o valor total do premio incrementado nun 20%, segundo o disposto no artigo 105 do Regulamento do IRPF, que será soportado por la Portocabo TV S.L..

Os gastos de traslado, tarifas aéreas, taxas e outros gastos adicionais correrán por conta do gañador.

Posteriormente, o gañador decidirá as datas de entre as diferentes opcións que lle ofreza TVG, dando o nome e documento nacional de identidade da persoa que o acompañará na viaxe.

TVG enviará ao gañador un certificado do ingreso a conta realizado para que poida cumprir coas súas obrigacións fiscais. O envío realizarase nas datas próximas á declaración fiscal de Imposto da Renda das Persoas Físicas do exercicio que corresponda

En ningún caso o importe do premio poderá ser trocado o modificado por ningún outro premio nin polo seu valor en metálico.
O período para realizar a viaxe será desde un até seis meses posteriores á comunicación do premio.

6. Comunicación aos participantes no concurso

Será obrigación do gañador pórse en contacto con TVG a través do correo galegosnomundo@crtvg.es para a aceptación do premio. Se o gañador non contactase con TVG no prazo de 48 hora ou rexeitase o premio este será concedido ao primeiro suplente cuxo nome será publicado en nos “medios de comunicación do concurso” se o primeiro suplente non respondese nas mesmas condicións que as expresadas para o gañador o premio pasaría de igual maneira ao segundo suplente. Se o segundo suplente tampouco respondese o premio quedará definitivamente deserto.

O organizador requirirá do gañador a firma das bases do concurso e a aceptación ou renuncia expresa ao premio obtido.

Unha vez aceptado o premio e aceptación das bases, se publicará o nome do gañador polos medios de comunicación establecidos no apartado 4 destas bases.

7.- Exención de responsabilidade por mal funcionamento da rede.

O organizador queda exonerado de toda responsabilidade en caso de mal funcionamento das redes de comunicación telemática que impidan o normal desenvolvemento do concurso por causas alleas a aquel e especialmente por actos externos de mala fe. Tampouco será responsable o organizador polos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a este.

Igualmente, o organizador queda exonerado de calquera responsabilidade derivada do gozar ou aproveitamento do premio por parte dos gañadores do concurso, os cales deberán no seu caso, dirixir as súas reclamacións directamente ás axencias de viaxe, compañías aéreas, hostaleiras, etc, que presten os servizos obxecto do premio.

8.- Dereitos de imaxe dos gañadores

Os gañadores autorizan ao organizador a reproducir, utilizar, difundir os seus datos identificativos, así como a súa imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada con este concurso, en calquera medio, incluíndo con carácter enunciativo a explotación a través de internet e móbil, sen que as ditas actividades lles confiran dereito de remuneración ou beneficio ningún coa excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. A cesión, en exclusiva e con facultade de cesión a terceiros, inclúe todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación da gravación ou imaxes captadas, para todo o mundo e polo máximo prazo legal. Os gañadores consinte acudir ao acto de entre do premio no programa Luar de Televisión de Galicia, e a participar en dito programa coma gañador do concurso.

9.- Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos participantes de que os seus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da CRTVG para o tratamento e rexistro dos datos, cuxa finalidade é a xestión do presente concurso.

Ponse, ademais, en coñecemento dos gañadores e, no seu caso, os suplentes que os seus datos persoais se comunicarán ás empresas encargadas da xestión operativa do concurso e da entrega de premios e publicaranse na web e noutros medios de comunicación, actividades para as que aqueles prestan expresamente o seu consentimento.

O organizador comprométese a respectar a confidencialidade dos datos facilitados e a empregalos conforme á finalidade dos ficheiros, pudendo os participantes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revocar o consentimento para a cesión, comunicándoo previamente ao organizador por medio de correo postal ou por medio de correo electrónico, á atención do Responsable de seguridade.

10.- Aceptación das bases

A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes bases, e poden ser consultadas polos participantes nas páxinas web (http://crtvg.es e http://www.galegosnomundo.es) e o criterio de CRTVG en canto á resolución de calquera cuestión derivada das mesmas.

O organizador resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do concurso á súa enteira discreción, para o cal informará pertinentemente a través dos mesmos medios nos que se publicitou o concurso, modificando as bases, se o considerara oportuno.

O organizador resérvase o dereito de eliminar xustificadamente a calquera participante que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal do presente concurso, así como a resolución de calquera cuestión derivada deste concurso.

As bases do presente concurso réxense pola lexislación española que resulte de aplicación.

 

 

jchallettBases do concurso