Basilea

BASILEA-SUIZA

Basilea

06-02-2014
Hoxe visitamos Basilea, unha cidade suíza emprazada case na fronteira entre Francia e Alemaña. Conta con máis de 170.000 habitantes e tamén é coñecida como Dreiländereck, literalmente “esquina de tres países”, ou District des trois frontières, “distrito das tres fronteiras”, en francés.
A historia de Basilea remóntase ao século VI a.C. cando os celtas se asentaron na beira do Rhin. O nome de Basilea menciónase por primeira vez nun documento de 374.
A súa Universidade é a máis antiga de Suíza e foi fundada en 1459 polo Papa Pío II. Entre algúns dos profesores máis famosos que pasaron por ela atópase Erasmo de Rotterdam, Paracelso ou Friedrich Nietzsche.

Galegos en Basilea

Making Of

Aquí hay que buscar el id del álbum de Flickr y cambiarlo: 

Mais información

Hay que localizar el sitio y utilizar el código de incrustración de Google aquí:
Aquí se cambia la dirección URL del destino:

Coordenadas: 51°27′N 2°35′O / 51.450, -2.583

Bristol é unha cidade de Inglaterra pertencente ao condado homónimo. Canda a cidade de Plymouth constitúe un dos principais centros administrativos do sueste inglés. A cidade naceu e prosperou á beira do mar, onde o auxe comercial e poboacional foi en grande medida grazas ao porto de Bristol. No ano 2009 posuía unha poboación de 433.100 habitantes, 1 070 000 se incluímos toda a área metropolitana.[1]

En poboación, Bristol é a oitava cidade de Inglaterra e décima do Reino Unido. Arredor do planeta existen outras cidades tamén chamadas Bristol, a maioría nos Estados Unidos, pero tamén en Perú, Canadá, Xamaica e Costa Rica. Todas probablemente inspiradas no nome da cidade orixinal.[2]

Historicamente dentro de Gloucestershire, foi decretada cidade en 1155 e recibiu status de condado en 1373. Desde o século XIII, durante medio milenio, foi clasificada entre as tres principais cidades inglesas despois de Londres, tras de York e Norwich. Porén, no século XVIII, por mor do rápido crecemento de cidades coma Liverpool, Birmingham e Manchester durante a Revolución Industrial, acabou perdendo ese status.

Fai fronteira cos condados de Somerset e Gloucestershire e fica localizada próxima ás cidades históricas de Bath, ao suroeste, e Gloucester ao norte. A cidade foi construída ao redor do río Avon e ten un pequeno litoral no estuario do río Severn, que desauga na Canle de Bristol.

Economía

Bristol é un núcleo industrial activo na industria aeronáutica e metalúrxica. Os seus principais sectores económicos constitúeno a industria aeroespacial, a defensa, o sector financeiro, o sector da comunicación, a tecnoloxía e o turismo. O seu porto, berce da cidade, ten conexión co de Avonmouth e Portishead grazas á canle de Bristol.[3]

Historia

É unha cidade nacida na época romana, e o comercio da lá situouna nunha das máis importantes poboacións medievais de Inglaterra. En 1172 Dublín convértese na súa colonia. Nos séculos XIII e XIV o intercambio colonial potencia as súas redes industriais (la, vidro, algodón etc), e nos séculos XV e XVI foi a segunda cidade do reino.

O comercio colonial continúa a súa expansión no século XVIII, e a canalización do río Avon mellorará as condicións do porto. Mais no século XIX Bristol comeza a súa decadencia por mor da abolición da escravitude e deixando a condición de porto principal a Liverpool. No ano 1883, partiu dende Bristol o primeiro transatlántico con destino a América, o Great Western.

Notas

  1. "Population estimates for UK, England and Wales, Scotland and Northern Ireland – current datasets" (ZIP). National Statistics Online. Office for National Statistics. Consultado o 27 de xuño de 2010. (en inglés)
  2. Bristol en Geody. Geody. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. (en inglés)
  3. ^ "Bristol Today, a triving economy" Bristol City Council. Consultado o 4 marzo de 2009. (en inglés)
source: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bristol

Comparte este destino

jchallettBasilea