Cairo, O

nautalia-el-cairo

Cairo, O

22-07-2010

Cunha área metropolitana de 20 millóns de habitantes, 6 veces máis que a poboación de toda Galicia, a cidade do Cairo é a urbe máis grande do mundo árabe. Coñecida como “a nai de todas as cidades” e “a cidade dos dous mil minaretes”, O Cairo é un ir e vir de xentes, cultura e historia.

Capital dunha das máis importantes e enigmáticas civilizacións do mundo antigo. A súa historia discorre á beira dun río, o Nilo, do reino dos faróns e dunha impoñente arquitectura que ten o seu máximo expoñente nas pirámides.

As súas rúas, barrios, cafés e mercados configuran unha cidade con identidade única, que debuxa vidas paralelas, entre as que moverse. Sóbranlle cualificativos: caótica, populosa, vital… pero sobre todo engaioladora.

Galegos no Cairo

Making Of


Mais información

O topónimo Cairo pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Cairo

Comparte este destino

Alba González GallegoCairo, O