Copenhaguen
16-09-2010
Copenhaguen recibiu o premio á mellor cidade do mundo para vivir, e é a porta de entrada a Escandinavia. Está unida a Suecia pola ponte de Oresund, un portento de enxeñería civil. Pode presumir de competirlle a Ámsterdam no número de bicicletas por habitante, e é unha das cidades para tomar como exemplo de tolerancia e civismo. Copenhaguen ten como símbolo unha serea.
Galegos en Copenhaguen

Alejandro Tobar
Alejando Tobar recibiunos na súa casa tipicamente dinamarquesa, con grandes ventás e decoración minimalista. Veu á cidade por amor e séntese moi cómodo en Copenhaguen.

César Vide
César Vide é chofer da embaixada arxentina en Copenhaguen. Subimos ao seu coche para que nos amose os mesmos sitios aos que leva aos diplomáticos cando visitan a cidade.

Iago Cordal
Iago Cordal é un enxeñeiro informático de Lugo que se adaptou perfectamente ao estilo de vida dinamarqués. Nunca sae da casa sen a súa bicicleta.

Sergio Montero
Subimos á torre dunha das igrexas de Copenhaguen para contemplar con Sergio Montero unha das zonas máis cobizadas da cidade: Christiania. Despois cruzaremos a ponte de Oresund ata Suecia onde vive este compostelán fascinado pola cultura escandinava.

Estefa Cortés
Estefa Cortés ten visita; a súa irmá Vanesa veu desde Alemaña para botarlle unha man coa súa tese. Ambas están ampliando os seus estudos de enxeñería de telecomunicacións. A pesar de estar sempre fóra da casa, séntense moi orgullosas de ser do barrio vigués de Teis.

Óscar Pardo
Óscar Pardo está en Copenhaguen cunha bolsa Erasmus. Dálle moita pena ter que deixar a Universidade Técnica, onde vive nunha casa container con todas as comodidades.