Costa Azul

costa-azul-niza

Costa Azul

12-12-2012

Galegos no Mundo visita un dos centros mundiais do turismo: A Costa azul, unha franxa comprendida entre os Alpes franceses, a Provenza e o mar Mediterráneo, que é famosa polas súas praias e polos seus veraneantes, que acostuman ser personaxes moi famosos.

A capital é Niza, unha cidade de 400.000 habitantes, cunha zona vella preciosa onde se pode comer peixe da comarca en antigas casas de pescadores.

Cannes, é famosa polo seu festival de cine, e por ser residencia de verán de xente como Abramovich, Madonna ou Elton John.

Saint Tropez, é un dos portos deportivos máis caros do mundo e conta con multitude de boutiques de luxo.

E por último Mónaco, a capital do glamour e dos cartos. Un pequeno país que ten a segunda renda per capita máis alta do mundo.

Galegos en Costa Azul

Making Of


Mais información

Comparte este destino

Alba González GallegoCosta Azul