Lión

Lyon_2519897b

Lión

10-06-2013

Lión sitúase ao pé dos Alpes, ten 2.100.000 habitantes e, despois de París e Marsella, é a terceira cidade máis poboada de Francia, e a segunda área urbana do país. É tamén a segunda cidade universitaria do país galo, acollendo anualmente máis de 120.000 estudantes espallados en tres universidades e múltiples escolas.

Lión conta ademais cun patrimonio histórico e arquitectónico suliñable, tendo inscritas 427 hectáreas da súa superficie como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco. É o caso da Colina de Fourvière, do Vieux Lyon, ou da Croix-Rousse, patrimonio urbano ligado aos Canuts ou obreiros da seda. Lión tivo o monopolio do negocio da seda ate a aparición da industria téxtil e de produtos químicos, e na actualidade é un importante centro industrial especializado nas industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica.

Algúns dos chefs con máis sona do mundo, tales como Paul Bocuse, teñen o seu berce en Lión, dende onde proxectaron algúns dos pratos máis valorados internacionalmente como son os quenelles, os grattons ou a salsa lionesa, o que lle serviu para ostentar o título de capital mundial da alta cociña.

Lión é ademais sede de varios organismos internacionais como Interpol, Euronews e a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro.

Galegos en Lión

Making Of


Mais información

Coordenadas: 45°46′N 4°50′L / 45.767, -4.833

Lión[1] (en francés: Lyon) é unha cidade francesa, capital da rexión Auverña-Ródano-Alpes e do departamento de Ródano, na confluencia dos ríos Ródano e Saona. En 2008 tiña 474.946 habitantes (9.922 hab./km²), e conformaba a segunda maior área urbana francesa, con 1 757 180 persoas.

Historia

Foi fundada no 43 a.C. polos romanos coa designación de Lugdunum, era a capital da provincia da Galia. Cidade importante pola forte presenza de industrias e universidades. Aquí realizáronse dous concilios ecuménicos da Igrexa Católica: Lión I (1245) e Lión II (1274).

En tempos de Francisco I, nos anos 1535, concedeuse unha licenza a dous comerciantes, Étienne Turquet e Barthélemy Naris, para desenvolver unha sedería en Lión. En 1540, este mesmo rei concede o monopolio da produción de seda francesa a esta cidade.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lionés.

Véxase tamén

Ligazons externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lión

Comparte este destino

Alba González GallegoLión