Marsella

france_marseille

Marsella

18-07-2012

Marsella é a segunda cidade máis poboada de Francia, cuns 860 000 habitantes. Ademais é un centro económico de relevancia e conta cun porto que é o máis importante do Mediterráneo e o terceiro de Europa.
Cezanne ou Picasso inspiráronse na súa paisaxe, e é que Marsella é quen de engaiolar ao viaxeiro con solpores como os dos campos da Provenza ou o de Santa María La Garde.
Os barrios marselleses gozan dunha gran popularidade debido ao seu encanto. Un dos máis importantes é o barrio de Le Panier, cheo de tendas artesanais con cousas típicas da zona. Un dos produtos gastronómicos estrela é o chocolate artesanal, moi demandado polos veciños de Marsella e polos turistas.
En Marsella destacan a Catedral de Santa María A Maior, e as típicas casas provenzais que utilizaban os burgueses para retirarse as fins de semana.

Galegos en Marsella

Making Of


Mais información

Coordenadas: 43°17′47″N 5°22′12″L / 43.29639, -5.37000

Vista panorámica do porto de Marsella

Marsella[2] (en occitano e provenzal Marselha e en francés Marseille, que é o nome oficial) é unha cidade da Provenza situada á beira do mar Mediterráneo, a segunda maior poboación de Francia. É o maior porto comercial do país, e capital do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Xeografía

O territorio de Marsella forma unha especie de anfiteatro, pechado polo mar ao oeste, por "les calanques" (calas ou pequenas enseadas) ao sur con Marseilleveyre, pola Costa Azul ao norte co Estaque (inmortalizado polo pintor Cézanne) e polas cadeas montañosas da Étoile e Garlaban ao nordés. Preto da metade da superficie do concello está en territorio natural non urbanizable. Isto fai dela un dos concellos menos densamente poboados de Francia. Na súa baía atópase o famoso castelo de If. A cidade foi medrando ao redor do antigo porto grego, chamado hoxe "Le Vieux-Port" ("o porto vello"), particularmente no decurso da segunda metade do século XIX. De feito, Marsella presenciou un importante desenvolvemento nesta época, estimulado ademais polo comercio cara ao novo imperio colonial francés: Alxeria, Levante e o afastado Oriente. A rúa da República é un exemplo deste urbanismo do segundo Imperio co seu estilo haussmaniano. Envorcada cara ao mar, a cidade ignorou durante tempo o seu pasado provenzal con quen se comunicaba unicamente a través do val do Huveaune.

Logo dunha grave crise nas décadas dos setenta e os oitenta, a poboación pasou de 1 000 000 aos 807.071 conforme o censo de 1999 habitantes. As autoridades francesas e o Estado Francés decidiron lanzar en 1990 e 2000 un vasto programa de rehabilitación urbana, co importante programa Euromediterráneo, entre a estación Saint-Charles, a Belle-de-Mai e os antigos portos. A cidade constitúe a segunda unidade urbana do país logo de París con 1 550 000 na área urbana, incluíndo Aix-en-Provence ao norte, Martigues ao oeste e Saint Zacharie no departamento de Var ao leste. Na actualidade, fálase dunha poboación urbana arredor do millóns de habitantes. Porén, o nivel de emigración clandestina na cidade é un dos máis altos de Europa e segundo algúns cálculos a cifra podería rodar o millón e medio[3].

Historia

Foi poboada polos gregos no século VII a.C. Pasou para o dominio romano no 49 a.C. Na antigüidade tiña a designación de Marsilia.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazón externas

Predecesor:
Flag of Slovenia.svg Maribor
Flag of Portugal.svg Guimarães
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Eslovaquia Košice

2013
Sucesor:
Flag of Latvia.svg Riga
Flag of Sweden.svg Umeå

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Marsella

Comparte este destino

Alba González GallegoMarsella