Montevideo

49619_montevideo_montevideo_uruguay

Montevideo

01-09-2011

Montevideo combina o encanto do vello mundo coas tendencias máis contemporáneas. A cidade máis grande de Uruguai posúe unha rica diversidade cultural: case a metade dos seus residentes son inmigrantes europeos. Situada sobre o río da Prata, a capital vai revirando sobre un porto propio dunha gran cidade. As palmeiras, os edificios multicolor, as feiras e os acolledores cafés crean un encantador ambiente que non deixa indiferente a ninguén.

Galegos en Montevideo

Making Of


Mais información

Coordenadas: 34°53′1″S 56°10′55″O / -34.88361, -56.18194

Montevideo é a capital e cidade máis grande de Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.

Xeografía

Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.

Demografía

Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.

Historia

Mapa histórico de Montevideo

Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses de Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital de Uruguai.

Orixe do nome

Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo. A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".

Praza da Independencia, Montevideo, c. 1900
source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Montevideo

Comparte este destino

Alba González GallegoMontevideo