Newark

Newark_RegionalPage

Newark

11-07-2012

Newark é unha cidade situada no estado norteamericano de Nova Jersey. Trátase dun importante centro industrial, comercial, e de transporte, popularmente coñecido como “a cidade dos ladrillos”.

Pero Newark, ademais de ser unha das localizacións principais da famosa serie “Os Soprano”, ten algo moi especial: está chea de galegos. Alí chegaron a principios e mediados do século pasado moitos dos nosos buscando a vida na súa abundante industria e no seu porto. Na actualidade a colonia galega aínda é ampla e co tempo e o traballo acabaron ocupando importantes postos en empresas e sectores estratéxicos.

Ademais, preto de Newark, está un dos mellores e máis afamados centros de estudos do mundo: a universidade de Princeton.

Galegos en Newark

Making Of


Mais información

Coordenadas: 40°43′27″N 74°10′21″O / 40.72422, -74.172574

Newark, alcumada a "cidade de ladrillos," é a cidade máis grande do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América. Ten unha poboación de 273.500 persoas. Coñécese como Nuarca entre a numerosa comunidade de emigrantes galegos presente na zona.

Encóntrase aproximadamente 8 km ao oeste de Manhattan e 4 km ao norte de Staten Island (ambas pertencentes a Nova York). A súa localización próxima ao océano Atlántico sobre a baía de Newark fixo que o porto de Newark sexa o maior porto de contedores do porto de Nova York. Tamén posúe o Aeroporto Internacional Liberdade de Newark, que foi o primeiro gran aeroporto en atender á área metropolitana de Nova York.

Véxase tamén

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Newark,_Nova_Jersey

Comparte este destino

Alba González GallegoNewark