Oxford

http://www.dreamstime.com/-image18292683

Oxford

01-07-2013

A unha hora de Londres está Oxford, unha das cidades universitarias máis famosas a nivel mundial. A súa universidade, a máis antiga do mundo de fala inglesa, contou entre o seu estudantado con personalidades como Óscar Wilde ou Bill Clinton e cada ano, dende hai case cento sesenta, é co-protagonista dun dos acontecementos deportivos do Reino Unido: a regata de remo na que se enfrontan as universidades de Oxford e Cambridge.

Mais a sona non só lle vén a Oxford do seu prestixio académico pois ten sido, ademais, escenario de múltiples películas e series de televisión. Harry Potter ou Sherlock Holmes, entre outros, pisaron na pantalla diferentes recunchos desta urbe que pouco máis é que Santiago de Compostela.

Atravesada polo río Támesis, que ao seu paso pola cidade recibe o nome de Isis, Oxford é tamén coñecida como “a cidade das agullas de fantasía” pola súa arquitectura. Na actualidade é unha mestura de tradición e modernidade, cultura e tecnoloxía, na que tanto os visitantes como os habitantes teñen unha ampla oferta de actividades onde escoller.

Galegos en Oxford

Making Of


Mais información

Coordenadas: 51°45′07″N 1°15′28″O / 51.75194, -1.25778

Oxford é unha vella cidade universitaria inglesa no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 134.248 habitantes. A súa posición xeográfica é 51º44'29N 1º16'38W (corresponde á Torre Carfax, considerada como o centro da cidade).

Localización

Oxford está situada a unhas 50 millas (80 quilómetros) ao noroeste de Londres; as cidades están unidas pola autoestrada M40, que tamén enlaza ao norte con Birmingham. A Canle de Oxford conecta co río Támese en Oxford. A cidade conta cun aeroporto, situado en Kidlington, que ofrece servizos aéreos de negocios e xerais.

Historia

A cidade foi ocupada por vez primeira na época dos saxóns e menciónase por vez primeira nun escrito das crónicas anglosaxoas do ano 912. A Universidade de Oxford é a máis antiga de Inglaterra e menciónase por vez primeira no século XII.

Véxase tamén

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Oxford

Comparte este destino

Alba González GallegoOxford