Porto Alegre

porto5

Porto Alegre

03-06-2013

Porto Alegre é unha das metrópoles máis importantes de Brasil, a sexta maior porta de entrada de estranxeiros no país e a capital do Estado Río Grande do Sul. Os seus habitantes son chamados gauchos, as comidas típicas son a feijoada e o churrasco, a bebida nacional, a caipiriña, e a infusión tradicional, o chimarrao.

Os catro millóns de habitantes que conforman a súa área metropolitana fan dela a maior aglomeración urbana do sur de Brasil. A mestizaxe perfecta entre as culturas hispanoplatense e lusobrasileira unida á súa fonda influencia europea confírenlle a Porto Alegre unha personalidade única no marco brasileiro.

Porto Alegre é un dos grandes centros industriais do sur de Brasil debido á súa localización estratéxica dentro do Mercosur, moi próxima a Bos Aires, Montevideo e Rosario. É ademais un grande museo arquitectónico a ceo aberto, onde existen exemplares representativos dos diferentes estilos dos últimos dous séculos, concentrados principalmente no centro da cidade.

Unha das doce cidades sede da Copa Mundial de Fútbol que se celebrará en Brasil en 2014 será precisamente Porto Alegre, albergando o evento no seu Estadio Beira Río.

Situada na conxunción de cinco ríos entre os que se atopa o Guaíba, tamén considerado un lago pola comunidade científica, Porto Alegre ofrece neste enclave un fermoso solpor, atractivo turístico por excelencia.

Galegos en Porto Alegre

Making Of


Mais información

Municipio de Porto Alegre
Bandeira de Porto Alegre (RS).svg Porto Alegre (RS) - Brasao.png
Estado Rio Grande do Sul
Superficie 497 km²
Poboación
Densidade
1.440.939 (2006)
2.905,3/km²
Fundación do poboado 26 de marzo de 1772
Recoñecida coma municipio 23 de agosto de 1808
Latitude 30°01'59" S
Lonxitude 51°13'48" O
Altitude 10 m
Distancia de Brasilia 2.121 km
Código postal 90000-000
Administración Prefeitura Municipal de Porto Alegre - Praça Montevidéo, n.º 10
Prefeito José Fortunati
Internet http://www.portoalegre.rs.gov.br
Mapa da cidade en Brasil
Porto Alegre in Brazil.png

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².

Xeografía

A cidade de Porto Alegre.

É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: Arxentina e Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademais dun interese pola cultura: proporcionalmente á súa poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten[Cómpre referencia]. Anualmente, en outubro, realízase a Feira do Livro (Feria do Libro) na cidade.

Ademais de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa área metropolitana (con aproximadamente 4,5 millóns de habitantes) ten importantes industrias, como o Polo Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, téxtiles e outras.

Historia

Vista do Río Guaíba (na verdade, un brazo navegábel da Lagoa dos Patos) xunto a Porto Alegre).
Artigo principal: Historia urbana de Porto Alegre.

Constituíuse no século XVIII coa chegada dos primeiros inmigrantes azoreanos, familias ou casais que fundaron unha poboación bautizada con nome de Porto dos Casais, e que máis tarde orixinou a cidade. Os primeiros chegaron á rexión en 1752.

En 1763, coa invasión española á cidade do Rio Grande, a sede do goberno local foi transferida para Viamão, xunto ó Porto dos Casais. Dez anos despois foi transferida de Viamão para o Porto dos Casais.

Santa Casa de Misericórdia, primeiro hospital da cidade.

En 1803 foi construída a Santa Casa de Misericordia, hospital que existe ata hoxe. O 11 de decembro de 1810 o rei Xoán VI de Portugal elevou o poboado á condición de vila e, o 14 de novembro de 1821, o príncipe Don Pedro elevouna á condición de cidade. A poboación na época era de 12 mil habitantes.

En 1835 o Río Grande do Sur adheriuse á Revolución Farroupilha e, mesmo fortificada, Porto Alegre sofreu invasión, sendo retomada no ano seguinte polas tropas imperiais. Despois a cidade aínda resistiu a tres cercos, ata o ano 1838. Grazas á súa resistencia, o emperador Pedro II concedeu á cidade o título de Mui Leal e Valorosa.

Antigo Mercado Municipal.

Pero a guerra non impediu a construción do primeiro Mercado Municipal, organizando o comercio da área central da cidade. En 1845 co fin da revolución, a antiga muralla da cidade foi derribada, permitindo a súa expansión. A partir de entón chegaron á cidade os primeiros inmigrantes alemáns e italianos, e instaláronse as primeiras industrias.

Entre 1865 e 1870, a Guerra da Tripla Alianza transforma a cidade na capital provincial máis próxima dos teatros de operación. A cidade recibe diñeiro do goberno central para melloras, como telégrafo, novos estaleiros e guarnicións militares. Dous anos despois do fin da guerra, en 1872, foi inaugurada a primeira liña de tranvía arrastrada por mulas.

En 1884 é abolida a escravitude na cidade, catro anos antes da Lei Áurea. Na volta do século XIX para o XX, a cidade xa tiña 70 mil habitantes e moitas melloras urbanas.

Cultura

Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gauchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gauchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co erba-mate e auga quente, tomada sen azucre) e danzas típicas que remontan ao período no que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaucha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españois, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Porto_Alegre

Comparte este destino

Alba González GallegoPorto Alegre