Reims

reims

Reims

06-06-2012

A cidade de Reims, situada ao noroeste de Francia, é coñecida por ser a máis grande da comarca onde se fai unha das bebidas máis famosas do mundo: o champaña.

Dous mil anos de intensa historia deixaron pegada en Reims. Durante moito tempo foi o lugar onde coroaban aos reis de Francia, e, tamén, unha parada obrigatoria dunha das variantes do Camiño de Santiago. Na actualidade pode presumir dun magnífico conxunto de edificios históricos declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO, entre os que sobresaen o Pazo de Tau, a catedral de Notre-Dame de Reims ou a Abadía de Saint-Remi.

Con preto de 200 000 habitantes, Reims destaca tamén por ser unha cidade universitaria e ben comunicada, xa que está a media hora en tren de París.

Galegos en Reims

Making Of


Mais información

Reims é unha cidade do nordés de Francia, situada a 129 km de París. É a maior cidade da rexión de Champaña-Ardenas, aínda que non é capital do seu departamento, Marne.

Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne. Ao sur e ao oeste elévase a Montaña de Reims, e nesa mesma dirección atópanse os viñedos de Champaña. Os principais lugares de Reims son a Place Drouet d'Erlon, a Place Royale, no centro, onde se atopa unha estatua de Luís XV, e a place du Parvis, onde hai unha estatua de Xoana de Arco. A Rue de Vesle, a arteria máis importante, atravesa a cidade de suroeste a nordés.

A superficie da cidade é de 47,02 km² e a súa poboación en 2008 era de 188.078 habitantes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Reims

Comparte este destino

Alba González GallegoReims