Stuttgart

Hohenzollern-Castle-Stuttgart-Germany

Stuttgart

02-12-2013

Stuttgart, a cidade dos enxeñeiros, é a capital do estado federado Baden-Wutemberg e a sexta cidade máis grande de Alemaña con 600.000 habitantes.
Stuttgart ten dúas universidades, escolas técnicas e é a sede de varios institutos de investigación. O lema da cidade é “Standort Zukunft” que significa “cando os negocios atopan o futuro”.
En 1945 a cidade foi destruída case na súa totalidade polos bombardeos dos aliados. Hoxe, o distrito de Cannstatt constitúe a súa parte máis grande e antiga. A fundación de Stuttgart remóntase ao século I d.C., unha cidadela romana que constituía unha das posicións máis importantes da zona.
Stuttgart é a porta de entrada á Selva Negra, rodeada de cerros, bosques e viñedos. De aí a súa imporante cultura vinícola. Ademais, ten os segundos mellores baños termais europeos.
Stuttgart está considerada unha das cidades máis verdes de Europa e conta con máis de 40 salas teatrais, 30 galerías de arte e 3 museos de envergadura.

Galegos en Stuttgart

Making Of


Mais información

Coordenadas: 48°47′N 9°11′L / 48.783, -9.183

Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal. As grandes cidades alemás máis importantes e próximas a Stuttgart son Frankfurt (240 km ao noroeste), Múnic (aproximadamente 220 km ao sueste) e Karlsruhe (a 80 km ao nordeste).

Stuttgart ten o status de cidade-distrito, unificada por un presidente. Tamén dispón do bispo evanxelista de Württemberg e un bispo católico (Bistum Rottenburg-Stuttgart). A cidade posúe dúas universidades, escolas técnicas e o instituto de investigación Max Planck (Fraunhofer-Gesellschaft). Ademais nela atópanse as máis importantes empresas automobilísticas, como: Mercedes-Benz e Porsche, xunto con outras empresas importantes como Bosch. Ademais é a porta de entrada á Selva Negra. Rodeada de outeiros, bosques e viñedos que chegan ata o centro. O seu porto sitúase ao nordeste da cidade, a beiras do río Neckar.

Stuttgart provén da palabra alemá Stutengarten (que significa "eguada"), posto que a cidade ten a súa orixe ao redor dos antigos cortellos do duque Liudolf de Suabia.

Xeografía

Visión dos viñedos dende o parque de Killesberg

Stuttgart está situada no centro do Estado de Baden-Württemberg. O centro da cidade sitúase entre vales e viñedos, por iso a cidade é alcumada Stuttgarter Kessel (A ola stuttgartense) e atópase ás beiras do río Neckar. Atópase a unha altitude de 207 metros sobre o nivel do mar. Elévase puntualmente polo Birkenkopf (511 m) e polo Wirtemberg (411 m) sobre o val do Necktar e polo bosque Heiner (395 m).

Planificación da rexión

A cidade está situada no centro da Rexión de Stuttgart. Á rexión perténcenlle ao norte as cidades veciñas de Esslingen, Göppingen, Ludwigsburg e Rems-Murr-Kreiss, así como o municipio de Heilbronn (ao norte de Stuttgart) e ao sur as cidades de Reutlingen e Tübingen. Todas estes municipios e outros lindeiros forman a rexión metropolitana de Stuttgart. A rexión metropolitana europea de Stuttgart tamén integra as cidades de Ditzingen, Filderstadt, Gerlingen, Korntal-Münchingen e Leinfelden-Echterdingen.

División da cidade

Distritos da cidade de Stuttgart:

RegionStuttgart.png
Coat of arms of Stuttgart.svg Stuttgart Grosses Landeswappen Baden-Württemberg.png
Distritos do interior
Stuttgart-Mitte, Stuttgart-Nord, Stuttgart-Ost, Stuttgart-Süd, Stuttgart-West
Distritos exteriores
Bad Cannstatt, Birkach, Botnang, Degerloch, Feuerbach, Hedelfingen, Möhringen, Mühlhausen, Münster, Obertürkheim, Plieningen, Sillenbuch, Stammheim, Untertürkheim, Vaihingen, Wangen, Weilimdorf, Zuffenhausen

Poboación

Centro da cidade de Stuttgart.
Stiftskirche Stuttgart (igrexa evanxelista)

Habitantes

Stuttgart excedeu en 1875 os 100.000 habitantes e converteuse na primeira gran cidade de Baden-Württemberg. En 1905 a cidade posuía 250.000 habitantes, que se dobraron ata 1950 (500.000 habitantes). No ano 1962 acada a máxima poboación da súa historia: 640.560. A 1 de xuño de 2008, o censo oficial dá como cifra de habitantes de Stuttgart 590.497, converténdose, tras Múnic, na segunda cidade máis habitada ao sur de Alemaña e a sexta en total.

Relixión

O 26% dos crentes confésanse como católicos, o 30% protestantes, a relixión musulmá acada o 11,3% da poboación e o resto do 33% confésanse doutras relixións ou confesións. Todos estes datos son do ano 2005.

Historia

O distrito de Cannstatt constitúe a zona da cidade máis antiga e grande de Stuttgart. Ao século I d. C. remóntase unha cidadela romana, unha das posicións máis importantes na zona, ao estar situada na beira do Neckar e nun cruzamento de camiños. Coa invasión dos alanos no 260 d.C. finalizou a presenza romana en Stuttgart. Non existen tradicións en Cannstatt dos pobos bárbaros, que apareceron para quedarse debido á situación estratéxica pero mantiveron nas colonias os ocstumes locais.

Presumibelmente, Stuttgart seguiu medrando durante as Guerras Húngaras entre o 926 e 948, sobre todo nos cortellos de cabalo (ou Stuotengarten, de aí o nome de Stuttgart). O crecemento da cidade atribúese ao conde Liudolf de Schwaben, despois do 945. Dende entón o crecemento foi cara aos lados dos nomeados cortellos.

A cidade atopábase preto dos criadeiros de cabalo do Condado de Baden, como tamén da cidade Backnang e Besigheim, pertencentes ao condado de Württemberg. Coa condesa Irmengard de Baden, os mosteiros de Lichtenhal permaneceron en Baden-Baden.

A marquesa de Baden atopábase ao oeste dos seus inimigos, os marqueses de Württemberg, máis tarde condes. Hermann V de Baden alzouse sobre a cidade en 1219. Logo foron os Württemberg os que tomaron a cidade, e unha dinastía despois contraían matrimonio e instalaron toda a pompa de Württemberg no centro da cidade. Até 1918 Stuttgart foi a capital e a cidade de residencia dos Württemberg. Até 1496 foi o condado de Württemberg, logo dos condes, até 1803, foi principado e dende 1806 até 1918 reinado de Württemberg, data na que pasou a ser o Estado libre de Württemberg.

A finais de maio de 1849, despois do rexeitamento a un congreso de deputados polo rei prusiano Federico Guillerme IV, trasladouse a Stuttgart a Asemblea Nacional de Frankfurt grazas a unha invitación do ministro de Xustiza Friedrich Römer, pertencente aos Württemberg.

Schlossplatz

O filósofo Friedrich Hegel naceu nesta cidade en 1770 e un dos escritores alemáns máis famosos, Friedrich Schiller, tamén viviu na cidade, sendo orixinario de Marbach am Neckar, a uns 30 km.

Importantes fitos acaeceron na cidade máis tarde no século XX. En 1927 os arquitectos Mies van der Rohe, Walter Gropius e Le Corbusier deseñaron o sector da cidade coñecido como Weißenhofsiedlung. Máis tarde, en 1945, a cidade é case totalmente destruída polos bombardeos perpetrados polos aliados mais pouco despois, en 1947 a cidade compite con Bonn e Frankfurt por ser a capital da Alemaña occidental, aínda que finalmente Bonn é a elixida. En 1983, entre 17 e o 19 de xuño reúnese en Stuttgart o Consello Europeo, asinando os Xefes de Estado e de Goberno e os Ministros de Asuntos Exteriores a Declaración Solemne sobre a Unión Europea (UE). En 1999 entre o 15 o 16 de abril Stuttgart volve acoller unha importante cita, a Terceira Conferencia Euromediterránea, coa participación de Libia por primeira vez coma invitado especial.

Economía

Unha das moitas turbinas eólicas que colocan a Stuttgart á cabeza do desenvolvemento das enerxías renovábeis en Alemaña
Cidade Universitaria de Stuttgart

Daimler e Porsche teñen as súas centrais nos arredores do casco urbano. Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach construíron en Stuttgart o seu motor de combustión interna, que sumado á buxía de Robert Bosch (nacido en Stuttgart) deu nacemento á industria do automóbil en Alemaña. O logo de Mercedes-Benz rota sobre a Estación Central dos Ferrocarrís (HBF) e sobre o edificio máis alto da fábrica de Untertürkheim de Daimler, onde traballan unhas 20.000 persoas.

Outros datos de interese

O proxecto Stuttgart 21 prevé transformar a estación ferroviaria central nun pasaxe soterrado para mellorar a conexión coa rede de tranvías. Con iso recupérase un lote de cen hectáreas no corazón da cidade, onde se planea construír edificios de vangarda.

Lugares de interese

  • O Castelo Novo (Neues Schloss) e o Castelo Antigo (Altes Schloss), situados na Praza do Palacio (Schlossplatz).
  • O castelo de Rosenstein (Museum am Rosenstein).
  • A Galería Nacional de Stuttgart (Staatsgalerie).
  • A Ópera Estatal de Stuttgart (Württembergisches Staatstheater Stuttgart).
  • O museo Mercedes-Benz.
  • O museo Porsche.
  • A Torre de Televisión (Fernsehturm Stuttgart).

Cidades irmandadas

Stuttgart está irmandada coas seguintes cidades:

source: http://gl.wikipedia.org/wiki/Stuttgart

Comparte este destino

Alba González GallegoStuttgart